20/11/09

Por qué unha semana de cinema israelí en Vigo?


Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI (http://www.amizadeconisrael.org/) prantexámonos a organización desta primeira semana, fundamentalmente coa idea de dar a coñecer á sociedade galega unha parcela máis da moderna sociedade israelì, unha sociedade en grande medida descoñecida cando non caricaturizada con estereotipos inxustos habitualmente recollidos polos medios de comunicación. Unha sociedade dinámixa e democrática, cun nível de libertades semellante, senón superior aos estandares de paises do noso contorno. Unha sociedade pacífica, obrigada pola permanente ameaza existencial exterior e polo máis brutal dos terrorismos a estar militarizada. Unha sociedade onde faise un cine mundialmente recoñecido e mesmo premiado. Un cine que non fuxe en absoluto da autocrítica. Un cine que retrata a seres humanos froito da civilización occidental e, por tanto, moi alonxados dos seus veciños que para a súa desgraza están obrigados a aprender odio, vinganza e violencia dende a escola infantil ate a universidade. En definitivamente un cine normal para un pais normal que desde hai 60 anos loita pola súa existencia, polo seu dereito a vivir e a vivir en paz.

Martes 1 "La banda nos visita" (2007)


La banda nos visita (2007)
Bikur Ha-Tizmoret (The Band's Visit)
Dirixida por Eran Kolirin
.
Unha modesta banda de música da policía exipcia aparece nunha pequena e illada localidade de Israel logo de terse perdido mentres se dirixían a dar un concerto protocolario. Enseguida son acollidos polos amigables habitantes do lugar, quen lles abren os seus corazóns a pesar das diferenzas culturais. Con eles pasan máis dun día cheo de paixóns, comedia e malentendidos. Unha serie de cadros cómico-dramáticos de aparencia inxenua e fondo perturbador que demostran que o humor pode ser a un tempo xélido e cálido, e que a sinxeleza na exposición non ten por que ir unida á falta de pretensións.
.
Martes 1 ás 20,00 horas

Mércores 2: "Los limoneros" (2008)

Los Limoneros (2008)
Etz Limon (Lemon Tree)
Dirixida por Eran Riklis
.
Festival de Berlín: Premio do Público. Baseado en feitos reais: Salma, unha viúva palestina, decide librar unha batalla legal nos tribunais de xustiza iseraelís contra o ministro de Defensa de Israel, cuxa casa linda co seu campo de limoneiros, na fronteira entre Israel e Cisxordania. A policía non tarda en decretar que a evexetación, as árbores de Salma representan un perigo potencial para a seguridade do ministro de Defensa e a súa familia, e ordenan que sexan curtados. Pero Salma decide loitar para salvar as súas árbores.
.
Mércores 2 ás 20,00 horas

Xoves 3: "Vals con Bashir" (2009)

Vals con Bashir (2009)
Vals Im Bashir (Waltz with Bashir)
Dirixida por Ari Folman
.
Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa. 2008: Cannes: Nomeado á Palma de Ouro / Nominada aos Oscar 2008. Documental animado sobre a matanza perpetrada polas Falanxes cristianas nos campos de refuxiados de Sabra e Chatila (Líbano) en 1982. Unha noite, nun bar, un vello amigo conta ao director Ari que ten un pesadelo recorrente na que lle perseguen 26 cans. Cada noite, o mesmo número de animais. Os dous homes chegan á conclusión de que ten que ver cunha misión que realizaron para o exército durante a primeira guerra co Líbano a principios dos anos oitenta. Ari sorpréndese ante o feito de que non recorde nada dese período da súa vida. Intrigado, decide ver e falar con vellos amigos e antigos compañeiros dispersos polo mundo enteiro. Necesita saber a verdade acerca dese período e de si mesmo. Ari escarba cada vez máis e os seus recordos empezan a reaparecer mediante imaxes surrealistas. Desde a demoledora escena inicial Folman conforma unha película única pola súa novedosa mestura de formatos e xéneros, e pola súa asoballadora capacidade para evocar a realidad do drama mediante elementos nada realistas
.
Xoves 3 ás 20,00 horas

Venres 4: "Caminar sobre las aguas" (2004)

Caminar sobre las aguas (2004)
Lalehet al hamayin (Walk On Water)
Dirixida por Eytan Fox
.
Eyal é un axente do Mosad, o servizo secreto israelí. Encárganlle que localice a Alfred Himmelman, un ex oficial nazi que, ao parecer, segue vivo. Eyal espía a Pia, a neta de Himmelman, que se mudou a Israel despois de romper coa súa familia en Alemaña. Eyal faise entón pasar por guía profesional e aproveita que Axel, o irmán de Pia, vai de visita a Israel, para ensinarlle Xerusalén e as beiras do mar Morto. Aínda que os dous homes teñen personalidades moi diferentes, Eyal, a quen á súa profesión obriga agochar os seus sentimentos, déixase conquistar polas ideas liberais e o inesgotable entusiasmo de Axel. Unha incómoda tensión instálase entre os dous homes cando Eyal descobre que Axel é gai. Axel regresa a Alemaña, pero o Mosad sospeita que Himmelman podería saír á luz para asistir á festa de aniversarios do pai de Pia e Axel. Eyal márchase a Alemaña onde debe ver a Axel para saber máis acerca da familia. Eyal, o asasino profesional, máis vulnerable desde o suicidio da súa muller, deberá descubrir e enfrontarse a algunhas verdades sobre si mesmo...
.
Venres 4 ás 20,00 horas